"O creativo non é o que imaxina, senón o que fai imaxinar" Santiago Rodríguez.

venres, 29 de xaneiro de 2016

Gardalambetadas de Martina

Fixen este gardachuches reciclando un bote de Nutella. A que quedou lindo? Tamén se lle poden dar outras utilidades... todo está na imaxinación... non é?

Para facelo utilicei o bote de Nutella, goma eva de cores, pegamento de contacto, unha bola de porexpan (cortada á metade) e rotuladores de cores.

Primeiro fixen a tapa, pegando a metade da bola de porexpan ou cortiza branca con pegamento de contacto á tapa. Unha vez seca, cortei un anaquiño de goma eva rosa e quenteino co ferro de pasar, para así, unha vez quente, poder pegala co pegamento de contacto de xeito que se amolde dunha forma esférica, sen que quede enrruga ningunha, e incluso a estirei un pouco para que isto non acontecese. Unha vez seca, cortei o material sobrante, e logo outra peza rectangular da mesma cor para tapalas beiras da tapa. 

Despois só quedou adornala, con  goma eva marrón imitando a xarope de chocolate, fideos de cores de restos doutras manualidades, un barquillo de goma eva enrolada, tiras da mesma goma en branco imitando a nata montada... o que a imaxinación queira!!!! 

Para o frasco cortei pequenos pedazos rectangulares en azul e funos pegando ó redor, xa que o recipiente ten un xeito ovalado e había que adaptar o material á forma. Nun frasco circular tamén se podería poñer unha peza exclusivamente.

A continuación, fixen da mesma cor unha circunferencia para o fondo e dinlle un sombreado con rotuladores de cores para que imitase o vasiño dun xelado. Para darlle o último toque, púxenlle un letreiriño ó vaso, escrito con rotuladores de purpurina.
 



venres, 25 de decembro de 2015

Pendentes Nadal

Bisutería con aire festivo de Nadal. Como vedes, as combinacións son infinitas... Con estes pendentes desexovos un Bo Nadal a todos. Agardo, de corazón, que sigades loitando polos vosos soños e que non esquezades que o obxectivo nesta vida é ser felices, e tamén facer felices ós demáis. Un bico enorme!!!!

Azibeche e cristal vermello

domingo, 13 de decembro de 2015

Pendentes Marta

Para eses grandes escotes amplos e colos longos... pendentes cúbicos, dinámicos e alegres, que buscan sempre o seu lugar. 

As variñas son especialmente longas, cun tope chao, e as doas escollidas neste caso son, dous cadrados de plástico tornasolado en varios tons de rosa. As doas máis pequeniñas brancas tamén son cubos, con tres caras mates e tres caras brilantes.

A modo de peche, púxenlle unhas pequenas gomiñas nos engaches das orellas, para maior seguridade.

Dedicados á miña Marta, unha das miñas estrelas, que fan fermosa ata a máis escura das noites.



venres, 4 de decembro de 2015

Pendentes Fiorella

Pendentes sobrios e moi combinables, con aires de mar, ceo e aire. Pequenas burbullas de osíxeno que me brinda a miña amiga Orfa Fiorella. Dedicados a ti, preciosa!!!

As doas forman un combinado de cristal e plástico; a doa azul está pulida con forma poliédrica, e as doas transparentes son completamente esféricas con burbullas de aire no seu interior.


sábado, 21 de novembro de 2015

Pendentes Inma

Moi parecidos ós pendentes Vicky son os pendentes Inma; se os primeiros mostran as tonalidades do outono en Boston, os segundos as tonalidades do seu mar Atlántico... Unha doce morriña de dúas irmáns da alma...



mércores, 11 de novembro de 2015

Pendentes Vicky

Chega o tempo de inverno e cambia a tono da natureza... e tamén da roupa e complementos... estes pendentes teñen eses cores ocres das folliñas caídas no chan. Están dedicados á miña amiga Vicky, espero que vos gusten a todos, e, por suposto, en especial a ela.
Metinos nunha bolsiña de organza marrón pequena para darllos, espero que en breve, e así quedan moi bonitos para dar como detalle de voda, cada pendente diferente nunha bolsa combinada coa súa cor... a verdade é que é moi orixinal e aínda non o vin en ningún casamento!!!!



mércores, 14 de outubro de 2015

Pendentes Cris

Encántame o rosa, e o morado... todas as cores destes tonos, xunto co azul e o negro son os meus favoritos... nótase, non si? Seguindo coa liña dos pendentes, e tamén seguindo co costume de nomear os modelos facendo unha pequena homenaxe ás miñas mellores amigas, dedico estes pendentes á miña Cris. 

Para facer os pendentes empreguei dúas variñas, unhas cantas doas pequenas dun tubo combinado en tons rosas, dúas doas grandes tornasoladas, dous enganches para as orellas e uns alicerces.

Unha vez posto no fondo das variñas as doas pequenas, a grande, e logo a mesma combinación e número de pequenas, fixen un pequeno zig zag cos alicerces, en diagonal, sen facer ondulación coma nos pendentes Belén. Despois queda unila ó enganche das orellas e listo. Espero que vos guste.